Saltar ao contido

Jeff "Swampy" Marsh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJeff "Swampy" Marsh

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
EducaciónReseda High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, director de televisión, produtor de televisión, compositor de bandas sonoras, actor, actor de dobraxe, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FamiliaLes Brown Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0550578 BNE: XX1795461 Musicbrainz: 0f34ade0-6d8f-4b96-944e-b08441e6f87d Editar o valor en Wikidata

Jeff "Swampy" Marsh, nado o 9 de decembro de 1960 en Santa Monica (California), é un director de televisión, produtor, realizador de storyboards e actor de voz estadounidense relacionado con varias series de animación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou no mundo da animación traballando realizando fondos de animación[1] na serie The Simpsons. Entre 1993 e 1996 foi escritor e director na serie A vida moderna de Rocko, onde coincidiu con Dan Povenmire, con quen xa traballara nos Simpsons, e xuntos concibiron nesa época a serie Phineas and Ferb[2] que presentaron a varias cadeas que a rexeitaron. En 1996 estableceuse en Londres, traballou en varias series de animación como O carteiro Pat e Bounty Hamster. En 2005 Dan Poverine presentou Phineas and Ferb á Disney que pediu a reallización dun episodio piloto de 11 minutos[3], logo despois de contactar con Marsh este volve aos Estados Unidos para a realización do episodio, tras velo danlle o plácet para realizaren 26 episodios[4], emitíndose finalmente o piloto o 17 de agosto de 2007 que viron 10.8 millóns[5] de espectadores en Disney Channel, a serie emítese regularmente a partir do 1 de xaneiro de 2008, Swampy ademais de produtor executivo dálle voz ao personaxe do Major Francis Monogram.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]